Celebración das “Letras Galegas”

🎼🎼Apaga o candil Marica Chus chus🎼🎼…


Esta foi unha das cancións que cantamos na celebración das Letras Galegas cos nosos convidados especiais: Xosé Ramón Gayoso e os gaiteros Matías Anido e o seu pai Miguel Ángel.

Gozamos das súas palabras e da súa música. Foi unha xornada moi emotiva na que compartimos con orgullo o sentimento de ser galegos.

Moitas grazas por acompañarnos!

E recordade, mañá ás 22:00 todos atentos ó Luar para o saúdo que nos fará  Xosé Ramón Gayoso.