📚“Moito conto na nosa biblioteca”📚

A pasada semana, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º, visitaron a biblioteca do cole, alí poideron escoitar contos moi ben contados, pero non polos seus profesores, senón por mamás, papás e curmás dos nosos alumnos.
Quén dixo que só os profesores saben contar contos?

Agradecemos a dispoñibilidade e ilusión de todos os familiares que pasaron por aquí. Seguro que repetimos!!