Fin do noso proxecto “a merendar”!

No día de hoxe 🗓 os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria celebramos o fin do noso proxecto “a merendar!”. 🎉 🥳
Adicamos a mañá a preparar unha merenda saudable🍽 na que tentamos que estivesen representados todos os grupos da pirámide de alimentos que estudamos. 🥕🍎 🥖🍫
Tivemos a sorte de contar cuns invitados moi especiais, os nosos pais. Sin duda unha xornada moi especial na que puidemos amosarlles o aprendido nestes meses. 📕📖📝Moitas grazas a todos por acudir!