MAGOSTO

Hoxe pola tarde todo o colexio celebrou unha pequena xornada para celebrar o Magosto.

Elaboramos cornetes de castañas, escoitamos algunha canción propia desta celebración e compartimos produtos típicos de outono.

Ademais, este ano recibimos unha visita moi especial. Visitáronnos Javier e Manolo, pai e avó de Icia, unha nena de 1º de primaria.

Coa súa gaita e o seu tambor amenizaron a tarde e  por iso tamén lles queremos dar as grazas.

Que ben ou pasamos!