CALENDARIO DE ADMISIONES

 

 

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIONES 19-20

DOCUMENTACIÓN SECRETARÍA

*Presentar Orixinal e copia de todo para  compulsar.

– IMPRESO ED550B (cumprimentado e asinado)

– DNI ou Libro de Familia do Alumno/a.

OUTRA DOCUMENTACIÓN SE É PRECISO 

– Si xa está escolarizado: documento que acredite os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo (curso no que está matriculado o alumno).

– DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

– Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE

A solicitude será única e poderase presentar

– No Centro Educativo – de forma presencial.

 – www.edu.xunta.es/admisionalumnado – de forma electrónica.

A presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto as presentadas con anterioridade. A renuncia á solicitude rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes. Logo do devantido prazo a solicitude será vinculante. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización da/o alumna/o conforme ao procedemento subsidiario regulado no Capítulo IV da Orde.

As solicitudes presentadas nos centros fóra do prazo de admisión, as duplicadas e as que conteñan erros ou datos falsos sobre os datos do/da alumno/a ou na documentación serán remitidas á Xefatura Territorial, da que recibirán unha notificación para que presenten alegaccións e acheguen os documentos ou xustificación que estimen procedentes nun prazo de 5 días hábiles.

 SOLICITUDE ASINADA POR 

– Matrimonio non separado legalmente nin divorciado e parella de feito inscrita no Rexistro : Pode asinala calquera das persoas titulares da patria potestade.

– Proxenitores separados ou divorciados legalmente que compartan patria potestade: é necesaria a SINATURA DE AMBOS OS DOUS.

– Patria Postestad atribuída con carácter exclusivo a un dos proxenitores legalmente separados ou divorciados : asinada só por aquel que teña atribuída a patria potestade.

– En situacións de violencia de xénero : só requirirá a sinatura da nai.

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

Alumna/o solicitante cun vínculo familiar de 1º ou 2º grao, en liña directa, cun antigo alumno/a dos centros Colegios Hijas de Jesús e/ou HH.Maristas, que cursaran neles algúns dos cursos. (1 punto)

CRITERIOS DE BAREMO

NOTA INFORMATIVA

 – De conformidade co art.14.2 da Orde de marzo 2013, a solicitude será única e terá carácter vinculante.  Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

– O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro de orixe, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

– O alumnado que ten reservada praza nun Centro Educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do incio do prazo de presentación de solicitudes de admisión .

– As familias poderán consultar o estado da tramitaicón das súas solicitudes a  través da aplicación informática “admisiónalumnado”www.edu.xunta.es/admisionalumnado usando o código de solicitude e o número do DNI da persona solicitante.

– O Colexio Hijas de Jesús está adscrito ao Colexio CRISTO REY HH. MARISTAS DE A CORUÑA

  

ACTIVIDADES E SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO

– Madrugadores

– Garda e custodia

– Comedor

– Transporte escolar

– Actividades complementarias

    

NORMATIVA REGULADORA – ENLACES DE INTERÉS

 – DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinazas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 – ORDE do 12 de marzo de 2013 – pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 – ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 – Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

 – Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 – DOG Nº79/2013 – Corrección de erros da orde 12 de marzo de 2013

 – RESULTADO SORTEO.

 – Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2019-2020.

 – Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña. Proceso Admisión 2019-2020 para os centros sostidos con fondos públicos.

– ANEXO II (FORMULARIO DE ADMISIÓN).

– MAPA DE ZONA DE INFLUENCIA COLEXIOS PRIVADOS E CONCERTADOS (A CORUÑA).

APLICACIÓN SOLICITUDE POR INTERNET.